A aula CeMIT de Boiro brinda á cidadanía formación online e presencial en febreiro

luns, 24 de xaneiro do 2022 S. P.

O Concello de Boiro vén de comunicar a ampliación da axenda de actividades previstas para a aula CeMIT local, o centro de capacitación tecnolóxica do concello ao servizo da cidadanía. En concreto, a aula ampliará durante o mes de febreiro os cursos de formación con xornadas en formato presencial e online. As inscricións están xa abertas e poden facerse directamente no Centro Social de Boiro, a través do enderezo electrónico axentetic@boiro.org, o teléfono 981 84 26 35 ou WhatsApp 629 769 139.
En formación presencial no mes de febreiro vaise impartir un curso sobre editor de texto Writer, que será do 14 ao 17 de febreiro de 10.00 a 12.00 horas; e outro sobre a folla de cálculo Calc, que será do 21 ao 24 de febreiro no mesmo horario. En formación online no mes de febreiro vaise impartir a clase maxistral Xestión de Eventos.

PUBLICIDADE