A aposta de Innovación por dinamizar a Internet conta con trece concellos máis

martes, 29 de xaneiro do 2008 Fernando Sarasketa

Prosegue a achega de novidades e de incorporacións arredor da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI, iniciativa da Consellería de Industria encamiñada a achegar medios humanos e técnicos para unha maior concorrencia da cidadanía galega na Internet. O caso é que a Rede segue a medrar, tal e como informou a directora xeral de Promoción Industrial, Helena Veiguela, nos diferentes actos de sinatura dos quince convenios de adhesión formalizados este luns 28.
En total, véñense de unir á iniciativa trece concellos e dúas entidades de Lugo e Ourense: Ribeira de Piquín, Mondoñedo, Riotorto, Chantada, Ribadeo, Burela, A Pastoriza, a Asociación de Veciños de Cabreiros, a Fundación CEL Iniciativas por Lugo, Allariz, Castrelo de Miño, Coles, Maceda, Ourense e Sarreaus. A Rede conta a día de hoxe con 100 dinamizadoras e dinamizadores facilitando o manexo das redes e informando sobre as súas vantaxes,
Para máis información sobre o proxecto, cómpre visitar dinamiza.sociedadedainformacion.eu.

PUBLICIDADE