A aplicación de realidade aumentada para teléfonos Android xa funciona internacionalmente

martes, 18 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Layar pode ser un complemento ideal para facer turismo

A aplicación Layar para o sistema operativo móbil Android permite facer uso da realidade aumentada dende terminais coma o HTC Dream/Magic/Hero, pero que polo momento estaba limitada ao seu uso nos Países Baixos, pero co lanzamento da súa versión 2.0 SPRXmobile abre esta solución a todo o mundo, de xeito que combinando a información do GPS e o compás dos terminais telefónicos podemos ver como as imaxes captadas pola cámara do móbil poden contar con capas gráficas sobre as mesmas nas que amosar distintos tipos de información de carácter local, que poderían ir dende a identificación de locais de hostalería (e outro tipo de locais comerciais), información xeral achegada da Wikipedia, fotografías tomadas no lugar e almacenadas en Flickr, os prezos dos pisos da zona consultando servizos inmobiliarios e moitas outras capas que irán presentando paulatinamente para enriquecer a experiencia da xeolocalización, mesturando os datos dispoñibles na Internet co mundo real.

PUBLICIDADE