A aplicación Pages permite a exportación de documentos a formato ePUB
venres 27 de agosto do 2010, por |
O paquete
ofimático de Apple, iWork, actualÃzase
á versión 9.0.4, solucionando problemas coas táboas en varias das súas
ferramentas, asà coma outros fallos detectados, destacando especialmente unha
novidade na aplicación Pages 4.0.4, que agora permite exportar documentos en
formato ePUB, facilitando asà a súa lectura en iBooks (o popular lector de
e-books para iPad e iPhone).
Pages xa permitÃa exportar documentos a formatos coma o PDF (tamén compatible
con iBooks) pero ao facilitar a creación de documentos ePUB contribúese á
popularización deste formato, que resulta moi cómodo para a lectura de texto
puro (coma novelas, relatos ou artigos con pouco apoio gráfico).
Para facilitar a creación de documentos ePUB Apple publicou unha serie de consellos
para crear ficheiros deste tipo, pois os usuarios deben ser conscientes que
este tipo de documentos seguen unha filosofÃa moi diferente aos PDF (pensados
para un deseño de páxina de tamaño fixo) mentres que os ePUB contan con texto
lÃquido, o que facilita a súa lectura en diversidade de soportes (dende o
ordenador ata o móbil).
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















