A acción exterior do Goberno galego recollida nunha nova páxina web

mércores, 28 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

A Secretaría Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia puxo hoxe en funcionamento a súa nova páxina web, dirixida ás persoas interesadas no desenvolvemento da acción exterior do Goberno galego, permitindo a consulta de toda a información relativa aos distintos actos que realiza a Secretaría Xeral para potenciar as relacións co norte de Portugal e con América Latina, intensificar a presenza galega nas institucións europeas e, en xeral, dar unha información precisa e unha visión actualizada das distintas actuacións da Xunta.
A nova web tamén recollerá unha serie de ligazóns a distintas unidades e fundacións adscritas á Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, como a Dirección Xeral de Cooperación Exterior, as delegacións da Xunta en Buenos Aires e Montevideo, a Fundación Axencia Humanitaria de Galicia, a Fundación Galicia Europa (con sedes en Bruxelas e Santiago) e a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.

PUBLICIDADE