A Xunta reitera o seu compromiso cos documentos en estándares abertos
mércores, 30 de marzo do 2011
- Imaxe publicada en Mancomun.org da xornada celebrada en Vigo
Esta mañá o subdirector
xeral de Infraestruturas e Telecomunicacións, Adrián Lence, participou na Xornada
Galega do DÃa da Liberdade de Documentos celebrada na Escola de EnxeñarÃa de
Telecomunicación da Universidade de Vigo, onde falou
do Plan de Acción FLOSS 2011 que puxo en marcha a SecretarÃa Xeral de
Modernización e Innovación Tecnolóxica, destacando que teñen como obxectivo
prioritario para o presente ano acadar en Galicia un maior uso do software
libre, e de documentos baseados en estándares abertos no ámbito da sociedade da
información. Con esta finalidade o Plan, que ten unha dotación de 865.000 euros
e contempla máis de 120 actuacións en colaboración coas asociacións galegas de
usuarios e empresas de software libre e das tres universidades.
O subdirector xeral destacou a aposta da Xunta de
Galicia polos estándares abertos e a compartición de documentación xerada polas
administracións públicas e adiantou que este ano traballarase nun proxecto de
Reutilización de Información do Sector Público.
A Xunta ten como obxectivo pór en funcionamento no presente ano a primeira
versión dun Portal Open Data, útil e doado de manexar, tanto para os usuarios
finais como para as unidades que queiran ofrecer os seus datos.