A Xunta procura que as TIC faciliten o pulo do cooperativismo galego

xoves, 25 de febreiro do 2016 Redacción

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe en Santiago na clausura da xornada sobre os resultados do servizo Icoopera para o impulso da I+D+i e das TIC nas cooperativas galegas, onde destacou que a nova Estratexia para o impulso do cooperativismo galego 2016-2020, na que está a traballar o Goberno galego, impulsará o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación do sector.
Toca salientou a importancia de introducir cambios tecnolóxicos nas cooperativas e de que leven a cabo un proceso de mellora da súa competitividade e fortalecemento interno incrementando o seu tamaño, co obxectivo de dotar ao sector dunha maior capacidade industrial e loxística que lles axude a competir. Tamén apuntou que a Estratexia impulsará os procesos de I+D tecnolóxico, ambiental, social e cultural nas empresas cooperativas, tendo en conta a súa realidade e dimensión, asesorando nos procesos e acompañando na súa posta en marcha.
Por último, apuntou que a obxectivo de introducir cambios tecnolóxicos neste sector contribuíu o Programa Icoopera, un servizo de balde de asesoramento e formación nas TIC para as cooperativas galegas, que se iniciou o marzo do ano pasado, e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia. Entre os resultados obtidos ao longo do desenvolvemento deste proxecto destacan a participación de preto de 400 persoas nas accións divulgativas de sensibilización e dinamización e actividades formativas tanto en materia de I+D+i e en TIC, así como o desenvolvemento de programas de inmersión nestes dous eidos.

PUBLICIDADE