A Xunta ofrece aos empregados públicos 2.000 horas de formación en eAdministración

martes, 29 de xaneiro do 2019 Redacción

A Xunta pon en marcha este ano una nova edición do Plan para reforzar a formación do empregado público no ámbito da Administración Dixital e da Protección de Datos con preto de 2.000 horas a través de 67 cursos en formato presencial, online e mixto. Esta media enmárcase nas actuacións do Plan de Goberno e Administración Dixital 2020 co que se está a consolidar o proceso de transformación dixital da Administración autonómica, no que traballan a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Axencia para a Modernización de Galicia (AMTEGA). O programa formativo realízase en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública. Respecto da iniciativa do ano pasado, incrementa en máis dun 66% o número de horas, e tamén o número de cursos, ofrecendo un 20% máis que na edición anterior.
Os cursos abordan diferentes aspectos da Administración Dixital tanto vinculados ás novidades introducidas polas lei 39/2015, como os centrados na implantación de novos sistemas da eAdministración (notificacións electrónicas, dixitalización de rexistros...) ademais dos relativos ao novo decreto de protección de datos, con formación específica para os delegados de protección de datos.
A importancia da formación no sector público autonómico reflíctese na futura Lei de Administración Dixital de Galicia, a día de hoxe en tramitación, que contempla un Plan de Capacitación Dixital para garantir aos empregados públicos o acceso á formación necesaria para desempeñar a súas funcións nun contexto dixital e intensificar o uso dos servizos dixitais.
O sistema de indicadores do Plan apunta a un incremento no uso dos servizos dixitais tanto dentro como fóra da Administración. A nivel interno no primeiro semestre de ano 2018 os empregados públicos realizaron 6,4 millóns de consultas á plataforma de interoperabilidade Pasaxe!, un 44% máis que en 2017; máis de 300.000 notificacións electrónicas, case tres veces máis ca no mesmo semestre que en 2017 e asinaron máis de 2,7 millóns de documentos en formato electrónico. Por parte dos cidadáns o pasado ano, por primeira vez, as xestións online coa Xunta superaron as presenciais. realizáronse mais de 470.000 presentacións a través da Sede Electrónica, un incremento do 47%

PUBLICIDADE