A Xunta investirá 34 millóns de euros na modernización da Xustiza a través das TIC
xoves, 10 de xuño do 2010
O primeiro Plan de
Sistemas TIC da Administración de Xustiza en Galicia: Senda 2014, presentado hoxe no Consello da Xunta,
busca dar solución as actuais dificultades coas que se atopan os profesionais
do eido xudicial no uso das novas tecnoloxÃas e, ao mesmo tempo, dar resposta
ás necesidades que establece a Nova Oficina Xudicial. Cun orzamento de 34
millóns de euros en catro anos, o Plan Senda 2014 establece, por primeira vez,
un conxunto de as medidas para implantar de xeito efectivo as novas tecnoloxÃas
na Xustiza.
O Plan, elaborado pola Xunta en colaboración con máis de 80 profesionais
dos distintos ámbitos xudiciais, fixa seis liñas de actuación para avanzar na
consolidación das TIC como elemento cotiá na actividade xudicial. A finalidade
do plan é acadar unha Administración de Xustiza máis eficaz completando o
proceso de informatización ata chegar ao expediente xudicial electrónico;
conseguir que sexa máis transparente e próxima á cidadanÃa; garantir que os
servizos TIC prestados sexan de maior calidade, ofrecendo solucións tanto para
o cidadán como para o colectivo xudicial adaptadas ás caracterÃsticas e á
realidade de Galicia; mellorar a interoperabilidade entre sistemas de información
dos distintos organismos, establecendo de un marco de colaboración co Ministerio
de Xustiza que permita a evolución e adaptación do sistema de xestión procesual
ás necesidades da Comunidade.
Tras a reunión semanal do Consello da Xunta, o
presidente Feijoo explicou que o seu Goberno busca unha xustiza «máis áxil, máis próxima e máis segura»,
ademais dunha maior austeridade. Tamén destacou as actuacións da Xunta na
mellora da xustiza en Galicia e lembrou que o Plan de infraestruturas
xudiciais, cun orzamento de 97 millóns de euros, está actualmente en execución.
Alberto Núñez Feijoo engadiu que «trátase
de dotar ás localidades galegas de edificios mÃnimos para albergar as
necesidades de recursos fÃsicos que a xustiza necesita».
Feijóo salientou, como a segunda intervención da
Xunta neste eido, a posta ao dÃa da
xustiza gratuÃta, investimento en novas tecnoloxÃas no eido da xustiza recollido
no Plan estratéxico do Goberno galego, que destaca a aposta pola economÃa do
coñecemento. «Temos o compromiso de
investir 260 millóns de euros nas novas tecnoloxÃas e levamos aprobadas no
Consello da Xunta distintas actuacións concretas dentro deste obxectivo xeral
de lexislatura», explicou.
AsÃ, o titular do Goberno galego destacou os 26
millóns de euros do plan de modernización da propia Administración autonómica,
o investimento de 9 millóns de euros para coordinar os investimentos dos
concellos, deputacións e Xunta, e 102 millóns para conectar toda Galicia a
través das infraestruturas tecnolóxicas, é dicir, para levar internet de banda
larga aos concellos galegos.
