A Xunta intensifica o servizo de atención telefónica sobre a TDT

xoves, 14 de xaneiro do 2010 Redacción

A Xunta de Galicia intensifica o servizo de atención telefónica sobre a televisión dixital terrestre. O Goberno galego pon a disposición de todos os cidadáns un novo número de atención telefónica para informar sobre o proceso de implantación da TDT na nosa comunidade. Deste xeito, amplíase o servizo de información cidadá, a través do 012, para atender todas as consultas relativas ao proceso de apagado analóxico e acendido dixital. Esta liña telefónica conta coa capacidade suficiente para atender todas aquelas chamadas que se poidan rexistrar.
Este novo número de atención cidadán 012 súmase, así, ao outro xa existente da Oficina Técnica da TDT, o 981572154, con varias liñas, que seguirá a prestar este servizo de asesoramento e información.
Polo tanto, todos aqueles cidadáns que requiran información precisa sobre o proceso de implantación da TDT poderán facelo a través do 012 e do 981 572 154 ou entrar na páxina web www.tdtgalicia.es. Así mesmo, tamén poderán obter información sobre todo este proceso a través do teléfono de atención ao usuario de Retegal, que é o 901 333 111.

PUBLICIDADE