A Xunta forma en ecommerce a mulleres emprendedoras e autónomas
venres, 21 de maio do 2021
A
directora
xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, presentou este 20 de
maio a iniciativa Feminino é dixital ante as principais
asociacións de mulleres autónomas, empresarias e mentoras de
Galicia. Trátase dunha proposta formativa e transformadora que se
integra no programa Autónomos Dixitais, co que a Xunta formará en
comercio electrónico ata finais de xuño e de xeito gratuíto a
1.200 traballadores e traballadoras por conta propia e aqueles que
perderan o seu negocio como consecuencia da COVID-19 e estean en
situación de baixa no réxime de autónomos.
No
webinario, Lado destacou a importancia de “adaptarnos o
antes posíbel á nova era dixital” e “darmos resposta aos novos
perfís profesionais relacionados coa nova mercadotecnia, a analítica
dixital ou o ecommerce que o mercado laboral vén demandando,
con máis intensidade desde que comezou a pandemia”.
Lado
incidiu en que a iniciativa non só está dirixida a autónomas dadas
de alta, senón tamén a aquelas que tiveron que pechar os seus
negocios como consecuencia da pandemia e co obxectivo de que teñan
acceso a unha segunda oportunidade a través da dixitalización.
A
formación, amais de gratuíta, “é flexíbel e adaptábel aos
horarios de preferencia”, dixo.
Impártese
a través dunha aula dixital e conta con asesoramento persoal.
Como
dixemos, Feminino é dixital, que comezará o próximo
26 de maio, forma parte do programa Autónomos Dixitais que este ano
diríxese a catro perfís: ademais das mulleres, á mocidade (menores
de 30 anos); persoas entre 31 e 44 anos; e maiores de 45 anos. Para
cada un deses catro perfís impartiranse dous cursos en formato
dixital: un básico sobre fundamentos para a creación dun proxecto
de comercio electrónico; e un avanzado, de especialista en
ecommerce.
Cada
curso consta de 50 horas de formación e ao seu remate as e os
participantes recibirán un diploma de aproveitamento avalado pola
Xunta.
As
persoas interesadas en asistir ás clases poden solicitar a súa
praza a través da páxina web de Autónomos
Dixitais, do correo info@autonomosdixitais.com e da páxina da
Oficina do Autónomo da
Xunta.
Dous
cursos
O
primeiro dos cursos é Fundamentos para a creación dun proxecto
de comercio electrónico, centrarase en coñecer os conceptos
básicos e aspectos xurídicos do ecommerce, adquirir nocións
básicas sobre marketing dixital, promoción e
ferramentas 2.0 en Internet e identificar canles de comercialización
e distribución.
Na
acción formativa avanzada, de Especialista en ecommerce,
dirixida a persoas con experiencia profesional na materia ou
formación previa, coñeceranse as opcións de financiamento de
proxectos de comercio electrónico e como elaborar un plan de
mercadotecnia en liña. Afondarase en aspectos como a protección de
datos, seguridade ou medios de pagamento dispoñíbeis, crearse e
xestionarase unha tenda online con Prestashop e darase
formación en xestión de datos, provedores e loxística de envío.