A Xunta decántase pola Coruña como sede ideal para acoller a AESIA
luns, 24 de outubro do 2022
A
Xunta
formalizou a súa postura sobre cal serÃa a
candidatura ideal, baixo o seu punto de vista, respecto da cidade
galega que debera ser sede da AESIA (Axencia Estatal de Supervisión
de Intelixencia Artificial). Segundo fixo saber o Goberno galego, A
Coruña é a favorita para acoller o dito organismo, por enriba de
Santiago e Ourense.
AsÃ
o avanzou ante os medios o director da axencia AMTEGA, Julián
Cerviño, trala xuntanza do Nodo Galego de Intelixencia Artificial
(Nodo GalicIA) celebrada este luns, reunión na que participaron
representantes da Xunta, das universidades galegas (USC, UDC e UVigo)
e da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Na
sesión de traballo os participantes avaliaron máis de 200
indicadores sobre as diferentes candidaturas expostas para achegar
finalmente cal serÃa a proposta a máis axeitada para dar acollida á
dita axencia: A Coruña.
Por
certo que a Cámara de Comercio local emitiu os dÃas pasados un
comunicado no que enumera os seguintes puntos a favor da cidade
herculina:
-A nivel empresarial, na cidade e a súa área de
influencia existe en pleno desenvolvemento, e en crecemento, un
importante ecosistema empresarial TIC, que aglutina a máis dun
centenar de empresas e dá emprego a catro mil tecnólogos, xerando o
60% do VAB do sector en Galicia.
-A nivel investigador conta
coa presenza da Universidade da Coruña, que ten a Facultade de
Informática máis antiga de Galicia, cun grao especÃfico en
Intelixencia Artificial, o CITIC (Centro Tecnolóxico das TecnoloxÃas
da Información e Comunicación), único centro galego coa distinción
de Centro Singular de Investigación, e algúns dos grupos de
investigación máis punteiros de España en materia de Intelixencia
Artificial, presidindo unha catedrática desta universidade a
Asociación Española de Intelixencia artificial.
-A nivel de
infraestruturas está a poñerse en marcha a Cidade das TIC, complexo
de investigación e emprendemento que aglutinará unha parte
importante do conglomerado tecnolóxico da área e con capacidade
para albergar a sede da Axencia.
-A nivel social existe un total
consenso entre as forzas polÃticas, empresariais, educativas e a
sociedade civil para reclamar e apoiar que A Coruña sexa a sede
desta Axencia.