A Xunta dá o visto bo a un grande CPD na Cidade da Cultura

xoves, 3 de marzo do 2011 Redacción

O Consello da Xunta deu hoxe o visto e prace ao convenio de colaboración que asinarán a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Fundación Cidade da Cultura a para executar as obras que permitirán a instalación do Centro de Proceso de Datos Integral no Edificio de Servizos Centrais da Cidade da Cultura.
O Centro de Proceso de Datos Integral (CPDI) integrará as funcións dos máis de 80 CPD existentes agora na Comunidade, dos cales o 90% carece de capacidade de crecemento para afrontar a demanda de proxectos TIC precisos para mellorar a eficiencia da Administración galega.
O novo Centro de Proceso de Datos Integral constituirá o corazón dixital de Galicia contribuíndo a mellorar a competitividade, reducir custos, acadar unha mellor eficiencia enerxética, unha maior flexibilidade, interoperabilidade e seguridade así como unha simplificación da xestión e unha homoxeneización da estratexia tecnolóxica da Xunta.
O Centro de Proceso de Datos Integral dará servizo a preto de 2,8 millóns de cidadáns; máis de 1.260 centros administrativos; 1.400 centros educativos; 600 centros sanitarios; 322 entidades xudiciais e 1.500 oficinas de farmacia así como a 91.000 empregados públicos, entidades e organismos autónomos dependentes da Xunta e incluso a outras entidades públicas como deputacións, concellos ou universidades.
A posta en marcha do CPDI intégrase en dúas das liñas recollidas en 2014.gal Axenda Dixital de Galicia que son a prestación de novos e mellores servizos públicos dixitais e a consecución dunha Administración eficiente.

O Concello da Xunta de hoxe foi o encargado de dar o visto e prace ao convenio que regulará o novo CPDI

PUBLICIDADE