A Xunta, as deputacións e a FEGAMP apostan por un modelo único de Administración electrónica

luns, 28 de setembro do 2009 Marcus Fernández

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presidiu a sinatura do Procolo de Colaboración entre a Xunta, as Deputacións provinciais e a FEGAMP para o desenvolvemento da e-Administración en Galicia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinou esta mañá cos presidentes das catro deputacións e o responsable da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), o protocolo de actuación para o establecemento da e-Administración na nosa comunidade, destacando que o pacto institucional formalizado hoxe ten un obxectivo claro que é «acadar administracións abertas 24 horas e os 365 días ao ano».
Feijoo asegurou que os beneficios dunha Administración electrónica son «incuestionables», e se basean no aforro «de millóns de horas de traballo» dos distintos cidadáns na súa relación coas administracións; de «millóns de euros» pola perda de horas de traballo deses cidadáns nos trámites administrativos e de «toneladas de papel» que se substituirán por pantallas de ordenador.
Subliñou, así, que garantir o acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, require unha transformación das nosas institucións «cara un modelo no que primen os conceptos de efectividade e entrega do valor público». Por iso, recoñeceu a importancia de camiñar cara a un modelo «máis transparente e participativo», seguro de que as TIC son o instrumento dinamizador neste cambio.

PUBLICIDADE