A Xunta aprobará o decreto que regulará a administración electrónica

mércores, 17 de novembro do 2010 Redacción

Esta tarde, durante a súa intervención nunha mesa redonda sobre a interoperabilidade coas Administracións Públicas no marco do Salón Internacional de Tecnoloxía (SITE 2010) a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, avanzou que a Xunta de Galicia aprobará proximamente un Decreto que regulará o dereito dos cidadáns a relacionarse coas administracións públicas por medios electrónicos co obxectivo de mellorar a calidade e a eficiencia dos servizos ofrecidos.
Mar Pereira indicou que coa aprobación desta norma o Goberno galego comprométese a implantar progresivamente o uso dos medios electrónicos nas comunicacións, trámites e prestacións de servizos cos cidadáns así como na súas comunicacións internas e con outras administracións públicas e institucións
A regulación normativa que se recolle neste decreto é un dos obxectivos prioritarios do Plan de Modernización da Administración que puxo en marcha a Xunta de Galicia o pasado mes de abril e que establece as accións a seguir para acadar o despregamento da Administración electrónica.
A «capacidade de interconexión entre os sistemas de información das diferentes administracións para de compartir datos e posibilitar o intercambio de información e coñecemento entre eles» é un factor fundamental «para que os cidadáns dos cidadáns poidan resolver a as súas xestións coas administracións públicas nun único procedemento ou trámite, independentemente do nivel administrativo ao que se acheguen» segundo comentou a responsable de Modernización da Xunta de Galicia, ou sexa, que evita ao cidadán presentar documentos ca mesma información en distintas Administracións, reduce o tempo de xestión e o custe dos trámites e axiliza o tempo de xestión dos procedementos.

PUBLICIDADE