A Xunta achegará 25 millóns de euros para garantir as coberturas da TDT en Galicia

luns, 9 de outubro do 2006

O Goberno galego informou de que o despregue da infraestrutura de rede para a difusión da TDT de ámbito autonómico e local en Galicia precisará dun investimento de 25 millóns de euros ata o ano 2013, para garantir así a cobertura da Televisión Dixital Terrestre en toda a nosa comunidade.
Con estes investimentos a Xunta pretende garantir unha cobertura do 98% da poboación para as canles galegas e públicas estatais cando se produza o apagón analóxico previsto para 2010, polo que ata tal momento se investirán 14 millóns de euros, de xeito que os outros 11 millóns comprometidos se producirán para unha mellora posterior que permite que Galicia se sitúe a niveis europeos de cobertura.

PUBLICIDADE