A Xunta achega a videoconferencia aos mozos e mozas de Ourense

venres, 25 de abril do 2008 Fernando Sarasketa

A Secretaría Xeral de Comunicación vén de presentar na provincia de Ourense a súa campaña didáctica para o fomento do uso da videconferencia entre os rapaces e rapazas de secundaria en Galiza. Serán en total seis IES os que se beneficiarán desta iniciativa, encamiñada a ampliar na medida do posible as posibilidades e os coñecementos de comunicación dixital dos mozos e das mozas.
Segundo se indica nas bases da medida, ó longo deste mes de maio a Secretaría porá disposición dos ditos centros a súa Rede de Telecentros, “de tal xeito que os alumnos dos centros integrantes no proxecto visiten os telecentros do ámbito de influenza de cada instituto e poidan comprobar, a través de xogos, as posibilidades de comunicación que ofrecen”.
A estes acordos cos seis IES da provincia de Ourense cómpre engadir os presentados os días pasados na de Lugo, na de Pontevedra (17) e na da Coruña (29).

PUBLICIDADE