A XXIII Noite Galega das Telecomunicacións celebrase no Hotel Los Escudos de Vigo
venres, 18 de maio do 2018
Comezou a conta atrás para o que é, sen dúbida,
un dos grandes acontecementos tecnolóxicos e profesionais da nosa
terra e do ámbito estatal. Estamos a falar da Noite Galega das
Telecomunicacións que organizan o Colexio Oficial e máis a
Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia
(COETG-AETG) o vindeiro 1 de xuño, sendo o seu fío temático (nesta
edición) as posibilidades que se abren para as nosas empresas e
entidades co fenómeno da información a gran escala, que se coñece
como Big Data e que brinda
(tamén) importantes oportunidades laborais para as/os devanditas/os
enxeñeiras/os. Segundo
nos confirmou a organización, a Noite 2018 celebrase no Hotel Pazo
Los Escudos de Vigo baixo o lema Os telec@s cara á enxeñería
do coñecemento.
O COETG-AETG tamén engade que as inscricións
para estarmos presentes no acontecemento, deberán cursarse a través
dun .doc habilitado en www.aetg.gal.
O prazo remata o 24 de maio.
O evento, un ano máis, servirá para acubillar a
entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da
Información, nos que se inclúen (xa convocados) o Premio Gradiant á
Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2018 e máis o Premio
Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais.
Dende o COETG e a AETG están a facer un
chamamento para “facer partícipes neste foro a todas as empresas
interesadas no patrocinio do evento, no cal estarán presentes as
máis destacadas”.