A XIX edición de Arroutada dará comezo en menos de 3 días

luns, 21 de maio do 2012 Raquel Noya

O vindeiro xoves, 24 de maio, o recinto ExpoCoruña abrirá as súas portas para acoller a XIX edición da Arroutada Lan Party, o maratón informático da cidade herculina que durante catro intensos días reunirá a mozos e mozas con (a lo menos) un interese común: a informática e as novas tecnoloxías.
A organización informa que, ao igual que nas edicións anteriores, as persoas participantes deberán traer o seu propio equipo, e que alí terán todo o que precisen para conectarse á Rede “e estar cómodos”, engaden.
O evento coincide con outro que xunta moitos seareiros na cidade: o Expotaku, que tamén achega un completo programa de actividades formativas, relatorios e concursos.

PUBLICIDADE