A XGN R Encounter celebrarase en Silleda do 13 ao 15 de outubro

xoves, 11 de maio do 2023 Redacción

A XGN R Encounter 2023, a maior LAN party de Galicia, celebrarase do 13 ao 15 de outubro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda), e volverá xuntar profesionais e afeccionados á informática e as TIC nunha cita que chega á súa 23ª edición. O evento contará coas súas zonas tradicionais, a Intranet e a Extranet. Así mesmo, como é habitual, a tarde previa á inauguración, o 12 de outubro ás 16.00, abrirá as súas portas de forma non oficial para facilitar o acceso progresivo dos participantes.
En canto á Intranet permitirá gozar dun posto con conexión de altas prestacións e dereito tanto a acampar como a participar en actividades exclusivas, mentres que a Extranet ofrecerá un completo programa de propostas tanto para os participantes como para quen visite o recinto.
A XGN R Encounter contará con actividades moi variadas tanto para persoas rexistradas como para visitantes que acudan á Extranet. Novidades e propostas xa habituais que contan con gran éxito uniranse nun programa que incluirá competicións, talleres, conferencias, actividades de realidade virtual e tamén os xogos máis diversos.

PUBLICIDADE