A Wikipedia adáptase aos móbiles

martes, 7 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Despois de 6 meses de desenvolvemento en probas lánzase oficialmente Wikipedia Mobile, unha versión da Wikipedia optimizada para terminais móbil que nun principio conta con soporte en inglés e alemán, aínda que a versión en español tamén está plenamente operativa.
Aínda que moitos dispositivos móbiles non teñan ningún problema en acceder á versión ordinaria da Wikipedia, a creación dunha versión móbil resulta especialmente práctica porque as páxinas e gráficos cargados pesan menos, facilitando a súa carga dende conexións móbiles.
A versión móbil da Wikipedia xa está a superar os 2 millóns de páxinas vistas ao día, o que dá a entender que é todo un acerto este novo xeito de achegarse á enciclopedia colaborativa máis popular.

PUBLICIDADE