A Visa PayWave permite pagar compras de xeito rápido e doado

venres, 20 de xullo do 2007 Marcus Fernández

La Caixa e Visa Europe presentaron esta semana en España a tarxeta de crédito Visa PayWave, que é un produto destinado para o pago de compras habituais e de custo reducido que incorpora tecnoloxía sen fíos que permite o pago sen contacto como as tarxetas de identificación de moitas empresas e aparcadoiros.
A nova tarxeta, que xa se presentara no mes de maio en Londrés, pode funcionar tanto como de débito como de crédito, e tamén funciona como calquera outra tarxeta deste tipo (con banda magnética) pero destaca porque permite realizar os pagamentos sen desprenderse da tarxeta e acelerando o tempo da operación, o que podería ter moi boa acollida en supermercados e centros comerciais, onde o pago con tarxeta supón unha operación lenta que supón un importante freo nas operacións de caixa.
Esta nova tecnoloxía se está a empregar xa nos arredores dos cines Kinépolis de Madrid, onde xa hai varios lectores adaptados, agardando que a instalación destes dispositivos se vaian espallando por toda a xeografía española segundo vaia aparecen a súa demanda.

PUBLICIDADE