A USC organiza un Minervaton para conmemorar a semana do acceso aberto
xoves, 26 de outubro do 2017
A Universidade de
Santiago de Compostela súmase ao longo destes dÃas á décima
edición da Semana
Internacional do Acceso Aberto, unha celebración destinada a
promover entre o persoal investigador e as institucións o valor da
difusión aberta da produción cientÃfica e tecnolóxica. Ou sexa, o
valor da información sen cancelas, cen por cen dispoñÃbel e
compartillábel. A celebración, que se vai estender até o domingo
29, inclúe a primeira convocatoria do que se coñece como
Minervaton, unha sesión de arquivado no repositorio Minerva de
contidos en aberto publicados polo PDI da universidade compostelá.
O Minervaton virá
da man da Biblioteca Universitaria da USC. Minerva,
para quen non o saiba, é o punto de acceso único da produción
cientÃfica da Universidade. Está aberto dende 2014 e, a través
del, a comunidade pode consultar as coleccións bibliográficas
dixitalizadas e a produción investigadora e docente dos membros da
institución docente compostelá. Minerva acubilla, preserva a
difunde por esta canle os documentos dixitais resultantes das
actividades de investigación e docencia da USC.
Ademais, dentro
desta mesma Semana do Acceso Aberto nas vindeiras semanas a BUSC
organizará un obradoiro de autoarquivado en Minerva dirixido a
Persoal Docente e Investigador. Ademais, o Servizo de Normalización
LingüÃstica elaborou o Glosario
básico de acceso aberto (galego-inglés).