A USC e a Deputación buscan nas redes novos universitarios para Lugo
martes, 8 de xullo do 2014
Se hai que falar directamente coa mocidade, mellor
facelo onde está a mocidade. Asà o entenden a Deputación de Lugo e
máis a Universidade de Santiago (Campus de Lugo), que queren que as
mozas e mozos da nosa terra aposten pola Cidade da Muralla para
realizar os seus estudos superiores, de aà que puxeran en marcha a
campaña #paraestudarlugo. A iniciativa, que promove Lugo como
urbe universitaria (contribuÃndo a incrementar o número de
matrÃculas nos diferentes graos da oferta formativa lucense) ten web
de seu, paraestudarlugo.com
e presenza nas principais redes sociais.
A páxina en cuestión recolle as principais
caracterÃsticas que definen á cidade e ó Campus. Segundo informan
a Deputación e a dirección do Campus, dende a súa posta en marcha
este xoves recibiu máis de 2.000 visitas desde lugares da comunidade
galega, como Vigo, A Coruña, Santiago, Pontevedra e Ourense, pero
tamén de fóra, como León, Madrid e Catalunya, entre outros puntos
do paÃs. A campaña tamén está apoiada a través de diversas
accións en redes sociais por parte das dúas entidades promotoras,
facendo especial fincapé en Twitter, a través da etiqueta
#paraestudarlugo e máis
no Facebook (que rexistrou máis de 3.500 visitas e máis de
1.100 adhesións).