A USC celebra estes días unhas xornadas de software libre en Santiago

xoves, 19 de febreiro do 2009 Raquel Noya

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago está a acoller, dende onte mércores e ata o vindeiro venres 20 de febreiro, unhas xornadas técnicas destinadas a profesionais das universidades españolas interesados en profundar nas particularidades de OpenCms e Sakai, dúas plataformas de software libre cuxo uso se está a estender constantemente, sobre todo no entorno universitario.
Aínda que as xornadas son independentes entre si, a súa organización realízase de xeito conxunto “co obxecto de simplificar o proceso de asistencia”, de tal xeito que na xornada do mércores os interesados coñeceron o OpenCms, e na de hoxe e mañá venres, as outras dúas xornadas que restan estarán dedicadas á plataforma Sakai.

PUBLICIDADE