A USC avanza detalles sobre o seu innovador Centro de Proceso de Datos
luns 8 de xuño do 2009, por |
A Universidade de Santiago vén de dar un novo paso a prol da eficacia de recursos e tecnoloxÃa unificando nun único espazo o que até de agora ficaba espallado: as partes do seu cerebro tecnolóxico. Máis polo miúdo, informa a USC, trátase de centralizar no seu novo Centro de Proceso de Datos os sistemas, aplicacións e os novos de voz e datos da institución educativa.
O equipo técnico posto en xogo, situado no Pavillón de Servizos do Campus Sur, conta cun orzamento de 315.000 euros. O centro, informa a USC logo da visita do reitor Senén Barro ás novas instalacións (na imaxe), dispón de dous grandes escenarios de traballo: a sala principal (de 65 metros cadrados, dá cabida aos sistemas e equipos de comunicacións) e a sala técnica anexa (con 20 metros de superficie, alberga equipamentos eléctricos e paneis de interconexión e telefonÃa).
No camiño da óptima rendibilidade, foi preciso habilitar máis de 8.000 metros de cableado de alta capacidade de transmisión, amais de 12 mangueiras de fibra óptica exterior. Entre outros cometidos, o Centro de Proceso de Datos da USC terá o de acadar respostas para problemas de fallo da rede da USC por fallos de subministro eléctrico. Neste caso concreto, cómpre sinalar que o CPD conta cun sistema de alimentación ininterrompida de alto rendemento, coa potencia e autonomÃa escalables e módulos substituÃbles en quente.
Segundo informa a USC, trátase dun grupo electróxeno de emerxencia con máis de oito horas de autonomÃa, e mediante liñas de alimentacións e cadros independentes, para asegurar a súa operatividade en todo momento.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















