A USC acolle estes días a segunda edición das Xornadas Científico Técnicas en Servizos Web

xoves, 16 de novembro do 2006

A Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago acolle estes días 16 e 17 de novembro a segunda edición das Xornadas Científico Técnicas en Servizos Web, onde se están a dar cita algúns dos máis senlleiros expertos na organización da información na Rede. É o caso de Carine Bournez, unha técnica en arquitectura da información que traballa no World Wide Consortium, o consorcio internacional encargado da definición dos estándares que permiten o funcionamento da Rede.
Por parte galega, cómpre subliñar a presenza de dous investigadores da Universidade de Vigo (Luis Álvarez e Luis Anido), que co-presentarán un traballo sobre a administración electrónica. Entre outros temas, as xornadas servirán para afondar en cuestión como o e-goberno, as tecnoloxías wiki ou a semántica aplicada a Internet. A conferencia está organizada polo Grupo de Sistemas Intelixentes da USC e conta coa colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a oficina española do Worl Wide Consortium.

PUBLICIDADE