A UNED achegou formación en computación cuántica e gamificación nos seus cursos de extensión

venres, 25 de xuño do 2021 S. P.

A UNED Ourense celebrou 15 cursos de extensión universitaria durante o ano académico que agora finaliza. Nestas 15 accións formativas participaron 604 persoas, das que 314 son mulleres fronte a 290 homes. De Galicia matriculáronse 335 alumnos e, de fóra da comunidade, 269.
O número total de horas de formación foi de 316. Os cursos celebráronse na Rúa, Ourense e Ribadavia. Unha parte importante centrouse no ámbito dixital e nas posibilidades das novas ferramentas para combater a COVID e innovar o noso día a día empresarial.
Por exemplo o curso celebrado en Valdeorrras de Fundamentos do teletraballo (do 20 de febreiro ao 6 de marzo de 2021 para 19 participantes; o curso de Introdución á Computación Cuántica (segunda parte), que xe celebrou entre marzo e abril en Ourense; ou o curso sobre Gamificación nas aulas que se desenvolveu en Ourense no mes de maio (no que participaron 108 persoas).

PUBLICIDADE