A UE apoia os argumentos de Todoscontraelcanon.es

venres, 7 de setembro do 2007

A plataforma Todoscontraelcanon.es recibiu unha carta da Comisión Europea na que se recoñece a inxustiza de gravar cun canon equipos e soportes que se poden empregar para gardar contidos libres de dereitos, ou sexa, que se penaliza a tódolos usuarios por unha actividade minoritaria.
A Comisión indicou tamén a súa intención de tomar unha iniciativa europea que regule a materia, unha directiva global transversal aplicable a tódolos Estados Membros.

PUBLICIDADE