A UDC organiza un seminario sobre vixilancia tecnolóxica para a comunidade universitaria, investigadores e empresas do sector

martes, 17 de outubro do 2006

A Universidade da Coruña (UDC) organiza, en colaboración coa Fundación Empresa - Universidade Galega (FEUGA), o seminario Vixilancia Tecnolóxica, Intelixencia Competitiva.
O vindeiro día 23 de outubro celebrarase Edificio de Servizos Centrais de Investigación, no campus de Elviña, desde as 16.15 horas, un encontro no que, como indica a UDC nun comunicado, “preténdense ilustrar diferentes enfoques e aplicacións da vixilancia tecnolóxica e de negocio e a súa achega ás empresas actuais”.
Para asistiren, as persoas interesadas deben confirmar a súa presenza antes do próximo xoves 19 de outubro no teléfono 981 167 000, ext. 1437, ou na dirección de correo electrónico maribel@udc.es.
Este seminario está dirixido a profesores universitarios e estudantes, persoal investigador, directivos, xerentes e responsables técnicos de empresas, emprendedores e investigadores privados, xestores de I+D+i etc.

PUBLICIDADE