A UDC e Everis mostran esta semana todo o que debemos saber sobre o blockchain
luns, 5 de novembro do 2018
A
Cátedra UDC-Everis de Transformación Dixital, que dirixe a
profesora Adriana Dapena e que ten o obxectivo de impulsar
conxuntamente propostas prácticas de innovación educativa, vai
organizar este 6 de novembro unha xornada sobre a cadea de bloques, o
que se coñece como blockchain nos novos ámbitos de negocio
ligado ás novas tecnoloxÃas. A cita, que se desenvolve na aula 3.2
da Facultade de Informática ás 15:30 horas, contará
coa presenza de Victoria Torres, responsábel de blockchain de
Everis, Alejandro Castro, xefe técnico de Everis, e Antonio
Comesaña, de Agalbit.
Esta
xornada ten o obxectivo de explicar que é a cadea de bloques, onde a
cando se emprega asà como analizar como se está a implantar en
Galicia e en España. Antes, pola mañá, ás 12:30 horas, haberá
unha reunión de traballo no Centro de Investigación de TecnoloxÃas
da Información e da Comunicación (CITIC) dos participantes nesta
xornada cos grupos de investigación do CITIC.
Para
quen non o saiba, o blockchain é unha tecnoloxÃa que,
entre outras cousas, salienta por posibilitar a transferencia de
datos dunha maneira cen por cen segura grazas a unha codificación
avanzada que ceiba o camiño de intermediarios que comproben a
información. Trátase, nun plano máis concreto, do cifrado de datos
que está detrás da moeda virtual bitcoin. Ten grandes
aplicacións para crear outras criptomoedas e, polo tanto, unha nova
maneira (radicalmente diferente e mesmo revolucionaria) de entender a
economÃa.