A UDC celebra o 8-M cunha xornada sobre as mulleres no ámbito tecnolóxico (este martes 7)
luns, 6 de marzo do 2023
A
vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte da Universidade da
Coruña, Cristina López Villar, abrirá este martes 7 de marzo (ás
12:00 horas no salón de graos da Facultade de Informática) o
acto central co que a UDC celebra o DÃa Internacional da Muller.
A continuación procederase á lectura do manifesto 8M elaborado
pola Red de Unidades de Igualdad de Género para la Excelencia
Universitaria.
Seguidamente,
haberá un coloquio sobre Traballo das mulleres no ámbito
tecnolóxico no que se tratarán temas sobre a situación actual
das mulleres traballadoras nesta área e os retos futuros.
Participarán as seguintes tecnólogas e investigadoras: Virginia
Mato Abad, representando á Facultade de Informática, Margarita
Novales Ordax (Escola Técnica Superior de EnxeñarÃa de Camiños,
Canais e Portos), Beatriz Pérez Sánchez (Facultade de Informática),
RocÃo Alfonso Pita (Servizo de Informática e Comunicacións da UDC)
e Montserrat Fernández Casal (Servizo de Informática e
Comunicacións da UDC).
O
coloquio retransmitirase en streaming a través de Teams.
Ademais,
haberá moitas máis actividades
repartidas polos distintos centros da Universidade da Coruña que se
poden consultar en liña.