A UDC celebra este mes a nova edición do foro de emprego Avanza
venres, 13 de outubro do 2023
A UDC
(Universidade da Coruña) organiza unha nova edición do Foro Avanza,
para favorecer a empregabilidade das persoas tituladas da institución
educativa. O foro ten dúas partes, a primeira, máis formativa, será
na Facultade de EconomÃa e Empresa os dÃas 24 e 25 de outubro.
Inclúe charlas e obradoiros relacionados coa empregabilidade.
Cóntase con relatores que falarán sobre como traballar en Europa,
obradoiros con dinámicas de procesos de selección de persoal ou
experiencias de inserción laboral que relatará antigo alumnado da
UDC.
A segunda parte será o dÃa 26 de outubro no
Pavillón de Deportes, que acollerá a Feira de Emprego. Máis de
corenta entidades asistirán para informar dos seus procesos de
selección de persoal. Participan, entre outras, empresas como
Acciona, AXA, BBVA, Deloitte, El Pulpo, Gadisa, Garrigues, Hijos de
Rivera, Minsait (INDRA), Navantia, NH Hoteles, NTT Data ou PWC.
O alumnado de Grao que se inscriba no Foro Avanza
obterá un crédito ECTS se asiste como mÃnimo ao 80% das
actividades propostas no Foro durante os tres dÃas. O prazo de
inscrición remata o 23 de outubro.
Máis información e inscricións na
páxina web da UDC.