A UDC busca o aforro enerxético a través da virtualización

martes, 17 de decembro do 2013 Redacción

Unha das teimas actuais do sector TIC é a de reducir o consumo enerxético dos equipamentos informáticos, e para avanzar neste sentido na Universidade da Coruña (UDC) están a comezar a implantación de escritorios virtuais para o persoal de administración e servizos e para o estudantado. Este proceso chega actualmente a trescentos escritorios, agardando acadar o ano que vén cun total de 3.000 equipos centralizados que poderán conectar simultaneamente.
Esta solución foi desenvolvida polo Servizo de Informática e facilita a renovación tecnolóxica da UDC dun xeito doado, abaratando custos. O adxunto á Vicerreitoría para Novas Tecnoloxías, Víctor Carneiro, asegurou durante a presentación desta medida de modernización tecnolóxica que o traslado do software do posto de traballo aos servidores centrais, polo que, en caso dunha avaría, o traballador poderá seguir coas súas funcións sen perder datos. Os equipos informáticos poderán substituírse por un sinxelo dispositivo, económico, cun consumo enerxético menor e cunha maior vida útil. Carneiro estima que o aforro enerxéticos grazas ao uso de escritorios virtuais sería dun 20%.
Para os estudantes esta tecnoloxía facilitará a conexión ás aulas net dende os seus ordenadores, tablets ou smartphones.

PUBLICIDADE