A UDC acolle o 5 de marzo a oitava edición da First LEGO League Galicia

venres, 25 de febreiro do 2022 S. P.

A Universidade da Coruña organiza por oitavo ano consecutivo a First LEGO League Galicia (FLL Galicia), o vindeiro sábado 5 de marzo. Será no Auditorio Municipal de Ferrol, a partir das 9.00 horas e contando desta volta coa participación de 41 equipos (21 na categoría FLL Challenge, 19 na FLL Explore e 1 na FLL Discover) e preto de 300 mozos e mozas de toda Galicia. O evento, coordinado polo profesor José Antonio Becerra Permuy, poderá seguirse en directo a través da canle oficial de YouTube da FLL Galicia.
Os xardíns do Campus Industrial de Ferrol acolleron este venres 25 de febreiro a presentación desta oitava edición á que asistiron a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla Fernández, a concelleira de Benestar Social e Patrimonio Histórico do Concello de Ferrol, Eva Martínez Montero, a directora do Campus Industrial, Ana Ares Pernas, e o director comisionado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Andrés Piñón Pazos.
Igual que nas edicións anteriores fíxose saber que colaboran nesta iniciativa o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Deputación Provincial da Coruña, o Concello de Ferrol e o Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño. Ademais, patrocinan a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), Gadis, R Cable, ERROR! Ferrol, PuntoGal, Neodyn e TodoOcio.
Segundo informa a UDC, a First LEGO League é un programa internacional que “desafía a mozos e mozas de entre 4 e 16 anos, divididos en 3 categorías, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxías renovábeis”. Mediante a súa resolución, os mozos e mozas desfrutan coa ciencia e a tecnoloxía e, ao mesmo tempo, “aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación”.
A Universidade da Coruña organiza por oitavo ano consecutivo a First LEGO League Galicia. O torneo terá lugar o vindeiro sábado 5 de marzo no Auditorio Municipal de Ferrol e en varias salas do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño. Poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube da FLL Galicia.
Listaxe FIRST LEGO League Galicia Challenge
1 Montecastelo BOT
Colexio de Fomento Montecastelo (Vigo, Pontevedra)
2 Las Acacias BOT
Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
3 EFIGY GIRLS Las Acacias
Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
4 STEAM GIRLS Las Acacias
Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
5 MontecasLEGO
Colexio de Fomento Montecastelo (Vigo, Pontevedra)
6 CAPTIOMA OCTABOTS
CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)
7 C3club
IES Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, A Coruña)
8 EFICY GIRLS MONTESPIÑO
Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña)
9 INFINITY MONTESPIÑO 1
Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña)
10 INFINITY MONTESPIÑO 2
Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña)
11 100tíficas Trabe
IES Rego de Trabe (Culleredo, A Coruña)
12 Guillelminos
CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
13 Peña Bots
Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña)
14 Catabótica
IES Catabois (Ferrol, A Coruña)
15 Ctrl+T
IES As Telleiras (Narón, A Coruña)
16 Robot City Pobra
CEP Salustiano Rey Eiras (A Pobra do Caramiñal, A Coruña)
17 MEGA BUILDER TEAM
MEGA Ribeira (Ribeira, A Coruña)
18 Gázapon – INH
Gazapo Xestión SL (A Coruña)
19 CON3CT4 – H4CKZ4P0S
Gazapo Xestión SL (A Coruña)
20 Pathfinders
Colexio Internacional Eirís (A Coruña)
21 Riverbots
IES de Fene (Fene, A Coruña)
Listaxe First LEGO League Explore
1 Wizard Box
Gazapo Xestión SL (A Coruña)
2 Transportabots
Gazapo Xestión SL (A Coruña)
3 Transportes de poca monta
Gazapo Xestión SL (A Coruña)
4 Lego Turbo
CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
5 Lego Robotics
CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
6 Comanders
CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
7 Sharks
CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
8 Lego Conectors
CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
9 STAR LEGO LAR
Colexio Lar (Mos, Pontevedra)
10 MAKER LEGO LAR
Colexio Lar (Mos, Pontevedra)
11 ESTRELLA ARCO IRIS
CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)
12 SPIDERMAN
CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)
13 ROBOLEGO
CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)
14 TRENDBOT
CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)
15 MARINA
CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)
16 RAYO
CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)
17 Super Lego Teams
MEGA Ribeira (Ribeira, A Coruña)
18 MEGA BUILDER TEAM JR.
MEGA Ribeira (Ribeira, A Coruña)
19 ROBOT CITY POBRA JR.
CEP Salustiano Rey Eiras (A Pobra do Caramiñal, A Coruña)
Listaxe FIRST LEGO League Discover
1 Wallynsky
Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

PUBLICIDADE