A UDC acolle este martes un relatorio sobre computación GRID

luns, 4 de decembro do 2006

Ignacio Martín Llorente, profesor do Departamento de Arquitectura de Computadores e Automática da Universidade Complutense de Madrid, pronuncia este martes 2 de decembro un relatorio baixo o título Introdución á computación GRID na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC).
A charla dará comezo ás 12.00 horas no Seminario 1.1. Segundo informa a UDC, o profesor Martín Llorente realizará unha descrición das tecnoloxías existentes para o despregue de infraestruturas grid, un sistema de xestión de recursos heteroxéneos que se organizan para formar un metaordenador.
Ofrece unha capa común para integrar plataformas computacionais non compatibles definindo un conxunto consistente de interfaces para o acceso á xestión de recursos compartidos.

PUBLICIDADE