A Tecnópole incrementa a súa presenza na Rede

venres, 2 de xullo do 2010 Redacción

O Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, vén de someter á súa presenza na Rede a unha serie de ampliacións, sobre todo cara a onde deixamos de falar de Internet convencional (a que deixa ao usuario nunha simple posición de receptor de datos) para falar de Internet 2.0 (onde o internauta pasa á acción). Esta nova andaina en liña, que se está a complementar cun vídeo corporativo que podemos ver a través da plataforma Vimeo (onde se nos informa da potencialidade, das características e do medre actual do Parque), baséase en boa medida no caderno de imaxes que a Tecnópole mantén en Flickr (que inclúe xa fotos aéreas, de exteriores e de interiores de alta calidade) ou no sitio propio de seu no Twitter.
Asemade, o complexo empresarial galego ten en versión navegable a información actualizada sobre a súa actividade a través de Tecnópole 2010, incluíndose unha versión en formato pdf descargable con todos os datos sobre as empresas e centros tecnolóxicos. Amais de todo isto, o Parque tamén segue a reforzar o seu espazo propio en Delicious.

PUBLICIDADE