A SecretarÃa Xeral de Medios presenta un titorial sobre a TDT dispoñible na Rede de Telecentros de Comunicación de Galicia
venres, 20 de novembro do 2009
A xefa de servizo de Programación
Multimedia, da SecretarÃa Xeral de Medios, Felicitas RodrÃguez, e o decano da
Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Xosé Pereira, presentaron
hoxe un titorial sobre a TDT co obxectivo de amosar a todos os usuarios da
Rede de Telecentros de Comunicación de Galicia as vantaxes que ofrece este novo
sistema fronte á forma tradicional de ver a televisión. O titorial presentouse
hoxe no Centro Multimedia de Galicia de Santiago de Compostela e puido seguirse
a través de videoconferencia nos Telecentros de Comunicación de Abegondo, Tui,
VilagarcÃa de Arousa, Guitiriz e O Barco de Valdeorras.
Felicitas RodrÃguez lembrou que
este titorial «desenvólvese no marco do
proxecto multimedia de formación da campaña ComunÃcate», que a SecretarÃa
Xeral de Medios desenvolve para dar a coñecer a Rede de Telecentros de
Comunicación de Galicia (RTC). Trátase dunha serie de titoriais interactivos
que teñen o obxectivo común de facilitar aos usuarios dos Telecentros de
Comunicación determinadas funcionalidades e potencialidades que se poden realizar
dende os mesmos.
Dende hoxe, o titorial sobre a
TDT estará dispoñible, para todos aqueles interesados, nos telecentros de
comunicación que a SecretarÃa Xeral de Medios ten repartidos nas catro
provincias galegas. O acabado de nomear decano da Facultade de Ciencias da
Comunicación da USC, José Pereira, felicitou durante a súa intervención á
SecretarÃa Xeral de Medios por este tipo de iniciativas «necesarias para que os cidadáns coñezan todos os pasos a seguir e
poidan estar preparados de cara ao tan anunciado apagamento analóxico».