A SGPRL móstranos o día 17 como lograr un teletraballo seguro, cómodo e eficaz

luns, 7 de novembro do 2022 S. P.

O vindeiro 17 de novembro a Sociedade Galega para a Prevención de Riscos Laborais (SGPRL) vai organizar un webinario sobre as cousas que podemos facer para sacar o máximo proveito posíbel das posibilidades quen nos brindan as novas ferramentas para traballar a distancia. O seminario en liña Como facer que o teletraballo funcione? será impartido por Eva Rimbau Gilabert como relatora e levarase a cabo o día 17 de novembro de 10.00 a 11.30 horas.
A actividade está dirixida a profesionais da prevención de riscos laborais e da dirección de persoas, así como calquera persoa que coordine equipos que teletraballan. Tocaranse cuestións como o concepto de traballo híbrido, as decisións operativas nun programa de teletraballo, o liderado para o teletraballo, as competencias dixitais ou como garantir un ambiente de benestar no desenvolvemento da nosa actividade profesional a distancia.
A cita será de balde, enchendo o formulario de inscrición habilitado (PDF) antes do 10 de novembro. Evai Rimbau é profesora agregada na área de Dirección de Persoas na Universitat Oberta de Catalunya. Acreditada pola Axencia Catalá de Calidade Universitaria (AQU), é investigadora do grupo DigiBiz, centrado na investigación de negocios dixitais. Tamén forma parte do Consello Científico de Future for Work Institute.

PUBLICIDADE