A SGAE non consegue o peche cautelar de agujero.com

mércores, 13 de maio do 2009 Marcus Fernández

A SGAE pediu o peche cautelar da web agujero.com por contar ligazóns a redes P2P ante o Xulgado do Mercantil número 3 de Barcelona (en vista do fracaso de intentar levar este tipo de denuncias pola vía penal) e a sala denegou a solicitude despois de escoitar á parte denunciada, que argumentou que a súa páxina web só contén ligazóns e non aloxa contidos. O avogado David Bravo tamén sostén que non existe motivo para medidas cautelares xa que a SGAE coñecía a existencia da web dende 2007, o que non xustifica urxencia na actualidade.
Esta decisión xudicial non afecta ao fondo do asunto, de xeito que a demanda presentada pola SGAE contra agujero.com aínda podería levar ao peche da web, pero de considerarse lícita a súa actividade podería supor un duro golpe para as entidades de xestión de dereitos de autor, xa que están a emprender iniciativas semellantes por toda España.

PUBLICIDADE