A Rede de Dinamización ten programados preto de 200 obradoiros para desenvolver este mes
xoves 2 de xullo do 2009, por | |
| Compartir |
Pese a que son
moitas as persoas que no mes de xullo aproveitan para coller vacacións e
desconectarse totalmente de Internet e de todo o que require estar en contacto
coas novas tecnoloxías, tamén hai outro sector da poboación galega que tira proveito
do seu tempo libre para familiarizarse máis con este tipo de ferramentas e
poñerse ao día en todo o relacionado coas TIC.
Os dinamizadores
e dinamizadoras do noso país, sabedores de que o seu labor é fundamental para a
inclusión na Sociedade da Información dos galegos e galegas con menos
facilidades para facelo por sí mesmos, teñen proxectados para este mes de xullo,
un
total de 185 novos obradoiros, algúns dos cales xa están en marcha e outros
moitos irán dando comezo nesta e nas vindeiras semanas.
A variedade temática é a principal característica da programación que se vai desenvolver
nesta tempada de verán en tódolos Centros de Dinamización da xeografía galega; temática
tan variada, se cabe, como o tipo de público que se achegará a cada un dos
locais da Rede para formarse nalgunha materia concreta das TIC, que soen ser dende
nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, ata persoas maiores de máis de 65 anos,
pasando por persoas adultas con variopintas ocupacións e adolescentes que
buscan nas ferramentas tecnolóxicas unha utilidade axeitada aos seus quefaceres
diarios.
Da morea de
cursos e obradoiros que a Rede de Dinamización tén programados para desenvolver
ao longo deste mes de xullo, cabe destacar algunha actividade como Manexo do móbil, que se desenvolverá en
Allariz, Videoxogos, en Vilar de
Santos, Trámites coa administración
pública, no Centro Comarcal Terra de Lemos, Álbum de fotos en Internet: Flickr, Picasa..., en Teo, Debuxo por ordenador, en Vilasantar, Telefonía por Internet, en Valga, Iniciación á Informática: Linux, en
Moaña, Manexo básico da cámara dixital, na
Asociación de Empresarias da Coruña ou Mecanografía
en Poio.
Asemade, as
charlas e coloquios que os/as dinamizadores galegos programaron para
desenvolver nestes meses de verán, son do máis diverso e actual polo que
resultarán de interese para calquera persoa cun mínimo de curiosidade por
adentrarse na Sociedade da Información. Así, no Concello de Allariz, os alumnos
e alumnas que se acheguen ao seu Centro de Dinamización, terán a oportunidade
de adentrarse no que son as redes sociais en Internet, un tema moi de moda, que
non deixará impasibles aos asistentes.
Por outra banda,
en Castrelo de Miño falarase da seguridade na Rede, mentres que en Riotorto
informarase sobre o manexo do SIXPAC.
Os veciños e
veciñas do Vicedo aprenderán a usar a banca electrónica, mentres que os de
Lugo, verán como instalar Galinux. En Cerceda, os e as asistentes que non
decidan pasar o día no parque acuático, poderán achegarse ata o seu Centro de
Dinamización e adquirir información sobre como solicitar unha cita médita por
Internet, e en Mondoñedo e Sada, os relatores aconsellarán ás persoas
asistentes para a adquisición dun ordenador persoal axeitado.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














