A Rede de Dinamización comeza os cursos de febreiro en Vilasantar

luns, 1 de febreiro do 2010 Raquel Noya

Comeza febreiro e a Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Vilasantar, a quen collemos a golpe de luns (e primeiro de mes) coas tarefas feitas, vén de anunciar máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar ao longo de todo este mes no Centro de Dinamización da devandita localidade. Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes:
-Iniciación á informática: As persoas que asistan a este obradoiro serán capaz, ao finalizar o mesmo, de manexar con certa soltura os obxectos (arquivos, cartafoles, ferramentas ...) e funcionalidades básicas que ofrece un computador, neste caso usando un sistema operativo baseado en software libre. Desenvolverase de luns a xoves, do 1 ao 4 de febreiro, de 17.30 a 19.30 horas.
-Iniciación a Internet: Os usuarios e usuarias, ao finalizar este obradoiro serán quen de utilizar, de forma básica, aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas con Internet. Desenvolverase de luns a xoves, do 8 ao 15 de febreiro, de 17.30 a 19.30 horas.
-Creación dunha conta de correo electrónico: pretende capacitar ás persoas asistentes para que sexan quen de crear e xestionar contas de correo electrónico. Realizarase de luns a xoves, do 17 ao 24 de febreiro, de 17.30 a 19.00 horas.
Asemade, o vindeiro día 25 de febreiro ás 19:00 horas, está prevista a realización da charla Mercar un ordenador, que versará sobre as diferentes características e perfís que posúe un ordenador e como adaptalas ás nosas necesidades reais, para mercar de forma intelixente.
O prazo de inscrición para estas actividades, como vén sendo habitual neste e noutros Centros da Rede de Dinamización, rematará a véspera do comezo de cada unha delas.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Vilasantar, chamar ao teléfono 981.778.169 ou mandar un correo electrónico.

PUBLICIDADE