A Radio Galega achégase ao proxecto NACCE da man dunha das súas mentoras

venres, 25 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

María Antonia Otero Quintas (á esquerda) comenta na Radio Galega a súa experiencia como mentora do proxecto NACCE

O programa Banda Ancha da Radio Galega, galardoado recentemente cun Premio INNOVA-G, continúa co seu labor de difusión da tecnoloxía en Galicia, polo que este sábado a partires das 15:00 horas realizará un repaso da actualidade da semana grazas á colaboración de Código Cero, aproveitando a ocasión para profundar no proxecto NACCE conversando cunha das súas mentoras, María Antonia Otero Quintas, fundadora da empresa de comercialización de prendas de tempada de coleccións prèt-à-porter, complementos e accesorios TenEstilo.
O espazo radiofónico desta semana convidou ao actor, monologuista e colaborador da CRTVG, Pepe Capelán, a compartir os seus primeiros contactos co mundo da tecnoloxía e o uso actual que fai da mesma. E como colofón do programa de tecnoloxía da Radio Galega Pablo Insua de Hardgame2.com comentará as novidades que durante os vindeiros meses chegarán á Wii U.

Pepe Capelán anima habitualmente o programa Bamboleo da TVG

PUBLICIDADE