A RAGC e GAIN convocan a oitava edición dos Premios á Transferencia de TecnoloxÃa en Galicia
martes, 15 de febreiro do 2022
A
Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia
Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, convoca os Premios
á Transferencia de TecnoloxÃa en Galicia 2022 coa finalidade de
recoñecer casos de éxito en innovación aplicada nas empresas e
procedente dos nosos espazos de investigación e desenvolvemento.
Amais, búscase difundir estes casos de éxito entre a cidadanÃa. Os
destinatarios destes galardóns son os investigadores e as empresas
galegas na súa faceta máis aplicada e de transferencia de
coñecemento.
Na
súa oitava edición, os galardóns divÃdense en tres categorÃas. O
Premio Francisco Guitián Ojea distinguirá un traballo
de investigación aplicada para recoñecer a creación, a cargo dun
grupo de investigación, dunha tecnoloxÃa aÃnda non transferida e
da que se deriven claras aplicacións para o desenvolvemento
socioeconómico de Galicia.
O
Premio Fernando Calvet Prats destacará un caso de
éxito de transferencia de tecnoloxÃa promovido por un grupo de
investigación, froito da colaboración cunha empresa. Irá destinado
ao grupo de investigación creador da tecnoloxÃa transferida.
E
por último, o Premio Ricardo Bescansa MartÃnez
galardoará un caso de éxito empresarial de implantación de
tecnoloxÃa transferida, froito da colaboración cun grupo de
investigación galego. Irá destinado á empresa que implantara con
éxito a tecnoloxÃa transferida. As tres categorÃas están dotadas
cada unha delas cun premio de 6.000 euros e un diploma acreditativo.
Aos
dous primeiros premios poderá concorrer todo o persoal adscrito a
centros de investigación emprazados en Galicia, incluÃndo os
centros tecnolóxicos. Ao terceiro, poderán optar empresas galegas
ou que teñan un centro de traballo radicado na comunidade. En
ningunha das tres modalidades poderán resultar galardoados grupos de
investigación ou empresas que foran premiadas nalgunha das tres
edicións anteriores do certame, asà como tampouco as académicas e
académicos da RAGC.
O
prazo para a recepción de solicitudes ábrese este martes, 15 de
febreiro, e pecharase o vindeiro 15 de abril. A tramitación das
candidaturas farase de xeito telemático, a través dun formulario
especÃfico para cada categorÃa dispoñÃbel nas webs da RAGC
e de GAIN. Unha vez
cumprimentado, o formulario será remitido ao enderezo electrónico
ptt@ragc.gal.
Proxectos innovadores premiados desde 2015
Os Premios á Transferencia de TecnoloxÃa en Galicia recoñecen desde 2015 as mellores prácticas de transferencia de coñecemento procedentes de organismos de investigación ao tecido produtivo. Destacan proxectos centrados nos campos da biomedicina, farmacolóxica, tecnoloxÃas TIC ou traballos sustentábeis nos sectores agroforestal e agroindustrial, todos eles liderados por grupos de investigación de toda Galicia. En concreto, distinguÃronse proxectos sobre o tratamento dos efectos secundarios da quimioterapia, tratamento para onicomicoses, tratamento para enfermidades orais bacterianas, tecnoloxÃas láser, 3D e de microcalorimetrÃa, asà como traballos para a creación dunha vacina para a acuicultura mariña, un biomaterial para rexeneración ósea e a unha tecnoloxÃa de recoñecemento facial para evitar fraudes.