A PolicÃa de Ourense localiza no eMule 4.000 historias clÃnicas de abortos
venres, 25 de abril do 2008
Se cadra unha boa parte dos internautas que andaron algunha vez polo eMule tiveron dúbidas sobre as súas vantaxes. Certo: permite compartir cancións e pelÃculas ás que doutro xeito non se poderÃa chegar. Pero tamén é verdade que moito do que circula por esta rede vale moitÃsimo menos có lixo (este, polo menos, recÃclase). Filmes porno ás acochadas, xente que devece por dar a coñecer a súa música e faise chamar polo nome de artistas coñecidos, virus, infeccións, programas espÃa, cancións incompletas… a listaxe eternÃzase. Porén, poucas veces se ten rexistrado algo tan fóra de lugar como o rexistrado pola PolicÃa Local de Ourense na dita rede p2p: un fluxo de 11.300 historias clÃnicas, 4.000 das cales se corresponden a casos de aborto.
A pregunta que nos podemos facer é a seguinte: a quen lle pode interesar compartir esa información? Segundo El PaÃs, o problema é doutra Ãndole, e se eses historiais estiveron durante certo ó alcance de calquera non foi por un interese premeditado senón por algo tan sinxelo como non poñerlle un valado á información que non interesaba compartir.
Ou sexa: que se deixou a porta aberta do disco duro a disposición de calquera (porque niso se basea unha rede p2p, nunha chea de portas abertas en ordenadores con acceso a Internet e nas que todos os que integran a rede poden petar). AsÃ, a orixe estivo case con toda probabilidade nun desleixo ou ben nunha falta de coñecemento tecnolóxico, ou ben en ámbalas dúas circunstancias. Isto fixo que a información dun centro médico de Bilbao quedase ó descuberto e sen valar.
Consecuencia: a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) vén de sancionar á clÃnica cunha suma de 150.000 euros. Segundo o devandito xornal, o centro non quixo achegar declaracións, pero os seus responsables xa aseguraron previamente perante a AEPD que non tiñan coñecemento de como o ficheiro fora dar á Rede á vista de todos os internautas. Entre os ficheiros atópase información tan delicada como a que se refire á interrupción voluntaria do embarazo de centos de mulleres.
Como dixemos, os datos foron localizados no eMule pola PolicÃa Local de Ourense. Segundo informa El PaÃs, o devandito corpo está a velar especialmente pola privacidade e pola seguridade dos datos na Internet. De feito, foron os policÃas da cidade galega os que advertiron de posibles infraccións en todos os expedientes abertos en Protección de Datos ó longo de 2007.