A Persoa do Ano segundo a revista Time: TI
luns 18 de decembro do 2006, por | |
| Compartir |

- Portada da revista Time
Este ano seguen nesta última liña, e decidiron considerar que a persoa do ano é
o cidadán, pois sosteñen
que o novo xeito de ver á Rede coma un elemento cooperativo está a dar
protagonismo ó público, de xeito que éxitos coma YouTube, MySpace ou a
Wikipedia marcan a importancia do que antes eran clases pasivas e que agora
atopan na Internet cunha canle de comunicación sen precedentes.
Así, a revista Time
sostén que a persoa do ano es “ti”
e engade “Si, ti. Ti controlas a Era da
Información. Benvido ó teu mundo”. Consideran así que o momento que vivimos
non destaca pola prominencia dalgunha persoa relevante, senón que é o conxunto
da xente o que está a dar forma ó noso destino colectivo coma especie.
Resulta bastante gratificante que os distintos conflitos bélicos por todo o
mundo non eclipsasen á web colaborativa que tanto marcou os últimos meses, e
que o momento que se está a producir na Internet reciba un recoñecemento tal
como o que vén de outorgar a revista Time.
De tódolos xeitos dende Time tamén buscan ver a Web 2.0 cunha óptica crítica,
xa que as mesmas ferramentas que debullan a sabedoría colectiva tamén fan o
propio con todo o malo que hai nas persoas, aínda que o momento actual tamén se
pode ver coma un enorme experimento que, aínda que poida fracasar, resulta moi
interesante, de aí que mereza o seu lugar na publicación norteamericana.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














