A PSP poderÃa estrear tenda virtual descargas musicais e aluguer de xogos
xoves, 21 de maio do 2009
A probable eliminación do lector
UMD das futuras consolas portátiles de Sony non é o único ruxerruxe que circula
sobre a PSP, e agora son insistentes as informacións que apuntan a que Sony
poderÃa estar planeando a incorporación dun sistema
de aluguer dixital de xogos para a PSP e mesmo a incorporación dunha
tenda de descargas musicais, o que practicamente equivalerÃa a seguir os
pasos de iTunes, modelo de negocio que no iPhone é un éxito rotundo, polo que
non deberÃa sorprender que vaia a ser
ben recibido na PSP.
Moitos xa dan por feito que Sony dará este paso, e debaten sobre o formato
musical que empregará a compañÃa, posto que non parecerÃa moi razoable que
fixese uso de ficheiros MP3 sen protección DRM, senón que deberÃan optar por
unha tecnoloxÃa que garanta o respecto ao dereitos de autor, o que Sony
intentou popularizar sen éxito no pasado, o que fai que esta polémica resulte
tan interesante. ¿Será agora o momento de volver a protexer a música con
métodos DRM?