A Oficina de Turismo de Poio dixitalízase con novos investimentos da Deputación

venres, 26 de agosto do 2022 S. P.

Tourist Inside, o proxecto de dixtalización turística da Deputación de Pontevedra, prosegue este verán estendendo as súas ramificacións polos concellos da provincia. Esta semana tamén chegou a Poio, concretamente á Oficina de Turismo do Casal de Ferreirós, que poderá contar, grazas á dita iniciativa, con elementos dixitais que melloren a experiencia de visitantes e residentes. Ata as dependencias achegáronse a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, o alcalde de Poio, Luciano Sobral, e os tenentes de alcalde Gregorio Agís e Silvia Díaz, nunha visita na que comentaron os cambios que veñen.
A oficina aposta pola dixitalización da experiencia do/a turista que se achega a pedir información coa incorporación dunha pantalla dixital de 55 polgadas na que ofrecerá información do destino Pontevedra provincia mediante a interconexión coa Rede Info Rías Baixas. Ademais, disporá dunha tableta na que as persoas visitantes poderán realizar enquisas de satisfacción. Segundo informaron, “o chimpo ao mundo dixital non só atinxirá á oficina, senón que chegará a distintos puntos do municipio coa colocación de 19 beacons, unhas balizas electrónicas que transmitirán información de interese aos móbiles das e dos visitantes a través da tecnoloxía Bluetooth”.
Segundo lembraron, no 2020 esta oficina de Poio acadou a “Q” de Calidade turística, un distintivo que outorga o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) e que converte á oficina nunha referencia na atención aos visitantes, dado o grao de cumprimento dos estándares e procedementos certificados.
A Rede Info Rías Baixas é un modelo de éxito que conta con 33 oficinas espalladas por toda a provincia de Pontevedra. Foi creada hai catro anos pola Deputación de Pontevedra para garantir un servizo de atención de calidade nas oficinas de turismo da provincia, ás que dota de máis medios, de novas tecnoloxías e dunha imaxe unificada a fin de mellorar o grao de satisfacción dos e das visitantes.
iniciativa, con elementos dixitais que melloren a experiencia de visitantes e residentes. Ata as dependencias achegáronse a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, o alcalde de Poio, Luciano Sobral, e os tenentes de alcalde Gregorio Agís e Silvia Díaz, nunha visita na que comentaron os cambios que veñen.

PUBLICIDADE