A Oficina de Software Libre da USC edita un manual de Ubuntu 1.0 para nobeis

mércores, 15 de decembro do 2010 Raquel Noya

A Oficina de Software Libre da USC, que constantemente está a levar a cabo iniciativas que integren o uso normalizado das TIC na sociedade en xeral e na comunidade universitaria en particular a partir do desenvolvemento de ferramentas e programas de diversa índole, vén de presentar, en colaboración co Concello de dodro, o libro Comezar con ubuntu. Manual do usuario versión 1.0.
Trátase dunha tradución ao galego dun manual do sistema operativo na súa versión máis actual, que se vén unir ás xa realizadas en inglés e alemán pola comunidade galega de Ubuntu.
A obra, que foi presentada este martes no Concello de Dodro, ofrécelle ao lector os coñecementos básicos do sistema operativo Ubuntu, tales como a instalación e o traballo co escritorio, así como unha guía no uso dalgúns dos aplicativos máis populares.
Asemade, o manual está deseñado de maneira que sexa doado de seguir incluso polos usuarios menos expertos, e achega instruccións paso a paso (incluíndo capturas de pantalla) que permiten descubrir paseniñamente todo o seu potencial.
Segundo explican o seus responsables, a guía foi redactada especificamente para Ubuntu 10.04 LTS concebíndose como unha “guía de inicio rápido” que lle explica aos usuarios como realizar as tarefas que precisan de maneira rápida e sinxela.

PUBLICIDADE