A Nova Escola Galega organiza en Vedra un seminario internacional sobre como usar ben as TIC no ensino

martes, 2 de febreiro do 2016 Redacción

O Grupo de Investigación de Materiais Didácticos CAVILA (Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega, NEG) vai organizar os días vindeiros un seminario para axudar ás familias e máis ao profesorado a avaliar os recursos tecnolóxicos que se empregan e que se poden empregar a día de hoxe no ámbito do ensino (potencialidades, consellos para usalos de maneira axeitada, riscos dun mal emprego, etc). A actividade, a sétima edición do ciclo de seminarios que impulsa o devandito grupo, desenvolverase con alcance internacional os días 19 e 20 de febreiro no CPI de Vedra (A Coruña). En palabras do equipo organizador, diríxese a “apoiar ás familias e ao profesorado no uso responsábel das novas tecnoloxías e na avaliación dos recursos empregados para a educación”.
Contarase, entre outros relatores expertos en TIC, con Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), e Antonio Rial Boubeta, profesor da USC e un dos principais impulsores na nosa terra da necesidade de educar ás novas xeracións nos mellores xeitos de facer uso das redes.
O Seminario-Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos comeza na tarde do venres 19 coa mesa Luces e sombras na Rede: inquedanzas e alternativas, na que diversos profesionais debaterán sobre como lidar “co arduo traballo de educar ás novas xeracións que medran rodeadas de novas formas de comunicación e ocio”. De seguido haberá unha conferencia e presentación literaria en torno ao poder de atracción das redes sociais e a súa aplicación no ensino.
O sábado, as persoas inscritas na xornada participarán en obradoiros personalizados nos que iniciárense na avaliación e deseño de xoguetes, videoxogos, webquests, materiais de música, de matemáticas e libros de texto, entre outros recursos. A continuación damos conta do programa de actividades ao detalle.
Venres, 19 de febreiro 2016
16:30­17:00 Recolla de material
17:00­17:30 Acto de inauguración
17:30­19:00 Mesa de debate: Luces e sombras na rede: inquedanzas e alternativas. Silvia López Gómez (USC), Ma Victoria Carrera Fernández (Universidade de Vigo), Fernando Suárez Lorenzo (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia), Ramón Luís Gil Sánchez (Coord. de Abalar e E­dixgal ­ zona Ferrol), Representante da ANPA do CPI de Vedra.
19:30­20.30 Conferencia e presentación literaria: Que teñen as redes sociais Claves psicosociais, educativas e humanas. Antonio Rial Boubeta (USC).
Presentación da Revista Galega de Educación, no 62: Redes sociais e ensino. Ana Rodríguez Groba e Fernando Fraga Varela (Grupo de Investigación Stellae).
Sábado, 20 de febreiro
Pódese elixir dous dos seguintes obradoiros:
· Experiencias didácticas relacionadas coa educación e as ONGD nas distintas redes. Marta Esplugues Cebrian (Mestra da escola pública – Valencia).
· Como potenciar o carácter educativo dos xoguetes e videoxogos, na escola e na familia. Silvia López Gómez (USC).
· Deseño e avaliación de webquest. Avaliación de software para a creación de materiais educativos dixitais contra o acoso escolar. Almudena Alonso Ferreiro (USC).
· Música. Análise de materiais didácticos e propostas educativas. Rosa María Vicente Álvarez (Mestra da escola pública – Galicia).
· Educar no uso de Internet e as TIC: claves para comprender e previr (ciberbullyng, sexting, grooming, problemas de socialización e adicción). Antonio Rial Boubeta e Carmen Barreiro Couto (USC).
· Materiais para a escola, materiais para a familia: que nos ofrecen os concellos? Denébola Álvarez Seoane (USC).
· Educar implica tod@s –Recursos pedagóxicos da WEB 2.0 na promoción da relación Escola/Familia. Daniela Alexandra Ramos Gonçalves (Escola Superior de Educaçao de Paula Frassinetti).
· Avaliación de materiais do ámbito das matemáticas en Ed. Infantil e Ed. Primaria. Na procura de recursos matemáticos inclusivos. Grupo Hexágono (grupo de traballo de profesorado e mestras do ensino xeral).
· Análise de libros de texto de educación básica. Fernando Guimarães (Universidade do Minho).

PUBLICIDADE